martes, 21 de abril de 2020

CULTURA CIENTÍFICA 1º BACHARELATO (parte do B, grupo C e grupo D)

Nesta semana seguides traballando o tema "INVESTIGACIÓN FARMACÉUTICA" cas actividades incluídas na ficha "Novos medicamentos" (subida a classroom).
Facédea con tranquilidade, parándoos a reflexionar en relación a unha temática tan ligada ao que estamos a vivir nestes días..., para que ese artigo que vos pido ao final da ficha, reflicta o voso sentir, a vosa reflexión máis profunda...
Algúns destes artigos van ser incluídos na Gaceta de Cultura Científica para a que xa estabamos a preparar material cos vosos traballos.
Ainda que sexa xa entrado o vindeiro curso, que saibades que ímola sacar á luz!!!.
Estaredes en 2º de bacharelato, pero vos quedará un recordo de vosos traballos en forma de Gaceta.
Moita forza a todos/as!!!. Unha aperta.
Seguimos en contacto vía classroom.

No hay comentarios:

Publicar un comentario