viernes, 20 de marzo de 2020

ACTIVIDADES FÍSICA E QUÍMICA


O Departamento de Física e Química acorda empregar as seguintes ferramentas durante o período no que se suspenden as clases por mor do coronavirus:
-          2ºESO: empregarase a plataforma dixital e-dixgal como é habitual. O alumnado de agrupamento terá unha carpeta específica.

-          PMAR 3º ESO: a comunicación será a través de grupos de whatsapp e correo electrónico, enviando os arquivos correspondentes da materia.

-          Física e Química 3ºESO: os grupos que non realizaron a 2ª proba da 2ª avaliación (A, B, D, E e F) repasarán e traballarán os contidos relacionados con Formulación Inorgánica (compostos binarios + hidróxidos; apuntamentos e exercicios proporcionados polo profesor) e a unidade Reaccións Químicas (contidos do libro + contidos impartidos e explicados en clase) exceptuando o apartado correspondente a “As reaccións químicas na sociedade”. O grupo C só terá que repasar os contidos da unidade Reaccións Químicas. O contacto co profesor da materia será a través de correo institucional de Google Classroom.


-          Física e Química 4ºESO: a comunicación será a través de grupos de whatsapp e correo electrónico, enviando os arquivos correspondentes da materia.

-          CAAP 4º ESO: traballaranse os contidos relacionados con Ciencia Experimental. Aplicacións. Traballo de laboratorio. Contaminación da auga. Sistemas de tratamento. Plantas potabilizadoras. Plantas depuradoras de augas residuais (EDAR). Residuos. O alumnado debe completar, atendendo ao esquema xeral, os guións das experiencias realizadas. Preparación dunha disolución de sulfato de cobre. Filtración de auga lodosa. Cristalización. En relación ao tema 8, de residuos, deben responder as cuestións formuladas: concepto de residuo, residuos tóxicos e perigosos, residuos sólidos urbanos (RSU), tipos de residuos, por sectores: RSU, industriais, agrícolas, gandeiros, hospitalarios, mineiros, nucleares. O contacto coa profesora será a través de correo electrónico e a páxina web do centro.

-          Física e Química 1º Bacharelato: traballaranse os contidos relacionados con Cálculo vectorial en Física. Estudo do movemento: Movemento rectilíneo. Movemento en dúas dimensións. Movemento parabólico. A profesora facilita: resumes e dedución dos conceptos teóricos fundamentais e exercicios resoltos acompañados das explicacións e aclaracións pertinentes. A profesora indícalle ao alumnado que debe realizar os exercicios resoltos enviados, xunto cos que se consideran equivalentes. O contacto coa profesora será a través do seu correo electrónico persoal.
-          Ciencias Aplicadas II FP Básica: os recursos e actividades serán enviados a cada alumno/a a través do correo institucional de Google Classroom. O mesmo que empregarán para dúbidas.

-          Física 2º Bacharelato: traballaranse os contidos relacionados con Gravitación. Move­mento de planetas e saté­lites. Campo eléctrico. A profesora facilita de modo continuado: resumes en relación ás deducións e razoamentos dos conceptos teóricos fundamentais e bloques de exercicios resoltos, acompañados das aclara­cións e explicacións pertinentes. A profesora indica que deben realizarse os exercicios facilitados re­soltos, así como outros similares. O contacto coa profesora será a través do seu correo electrónico persoal.

-          Química 2º Bacharelato: os alumnos han de repasar a unidade didáctica Reaccións ácido-base que se acaba de impartir (que será obxecto de exame na primeira proba da 3ª avaliación) e teñen en papel a unidade didáctica Reaccións redox (cos seus correspondentes exercicios). A comunicación co profesor da materia será a través do correo institucional.

1 comentario:

  1. Los alumnos de 4º ESO y 3º PMAR continuaran su formación a través de google classroom creada a tal efecto, de la cual ya ha sido enviado el código a cada uno de ellos a través de los correos correspondientes.

    ResponderEliminar