lunes, 23 de marzo de 2020

RETO DE MÚSICA

Ola rapaces, son Beatriz Alonso, profesora de música do IES Afonso X O Sabio da Barcala, vou propoñer un reto... 

Imos aprender unha canción sinxela a partires deste titorial:


https://www.youtube.com/watch?v=C8CU1vfdZdY&t=68s e un día ímola tocar todos e todas xuntas e xuntos saíndo ás nosas ventás/balcóns... Que vos parece o día 2 de abril, xoves, ás 13 horas? Ese día o noso centro organizaba un concerto de coros escolares no auditorio do conservatorio da Coruña e queriamos celebrar a importancia da música nas propias rúas. Agora que estamos encerrados a música é máis importante que nunca, vai servirnos de unión entre todos e todas nós. Así pois saca a tus frauta, clarinete, violin ou a tua voz para saír á fiestra e interpreta a canción con outras persoas... Quizás na túa rúa non hai ninguén pero seguro que haberá outras persoas máis preto ou lonxe establecendo unha unión e diálogo que te unirán aos teus compañeiros e compañeiras.

E que pasa se todo o instituto sae a súa ventá ou balcón a toxar xunto? NON SERÍA MARABILLOSO? pasa esta mensaxe, fagamos que todo o centro toque esta canción á vez á mesma hora desde as ventás.

Unha forte aperta e grazas... E xa sabes, queda na casa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario