martes, 17 de marzo de 2020

ACTIVIDADES LINGUA GALEGA E LITERATURA

DAVID DÍAZ

4º ESO A / B / C/  D  e  1º Bacharelato C e D.

para o traballo destas semanas, deben seguir a plataforma coa que viñamos traballando até o momento: CLASSROOM. Deberían ter xa todos o código porque o presentamos varios días na aula.

CARME PARADA E ANXELES MINGUILLON

LINGUA GALEGA 2º ESO (para tódolos grupos): 
Ver o LIBRO DIXITAL. Aparecen no tema de introdución de cada grupo as propostas para estes días. ( alumnado de Ánxeles Minguillón e Carme Parada)

LINGUA GALEGA 1º ESO F.
Ver o LIBRO DIXITAL. Aparecen no tema de introdución as propostas para estes días.


CARME FERNÁNDEZ

1º DA ESO: EXENTOS DE LINGUA GALEGA:
Seguir as indicacións da profesora Helena Veiga.

3º da ESO A, B C/D:
     1) Se é posible, comezar co libro de lectura obrigatorio do terceiro trimestre. Hai que escoller entre Conta saldada de Suso de Toro ou Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz.    
      2) Repasar os pronomes  cos exercicios da www.ogalego.eu.
    3) Estudar os verbos tanto regulares como irregulares que están no apéndice. Haberá exame á volta.
    4) Xa vos indicarei os seguintes pasos. En principio se se prolonga esta situación máis de 15 días resumides a parte de literatura do tema 8 e facedes os exercicios de ortografía da páx. 200 e 201.
    5) O alumnado de C/D deben estudar ademáis para o exame de avaliación que temos pendente.

1º A  e 1ºB  de BACH
Como xa imaxino que vos comentarían os compañeiros e compañeiras que viñeron a clase o plan é o seguinte:
Se a corentena dura soamente 15 días preparades o exame que vai incluír o tema 10 completo.
Se a situación se prolonga máis , en lugar de ler o libro de lectura (parece difícil de conseguir) resumides o tema de Rosalía de Castro e repasades a conxugación dos verbos regulares e, sobre, todo irregulares.

Para calquera dúbida estade pendentes da web  do centro ou comunicádevos comigo polo mail carmebarantes@gmail.com.

MAR HERMIDA

As actividades aparecerán no blog: https://afiestradoafonsox.blogspot.com/
Podedes comunicar coa profesora a través do correo alumnadomeu@gmail.com.

ELENA VEIGA

-1º ESO D e 1º ESO E: Libro habitual de E-Dixgal. Indicaranse as tarefas no propio E-Dixgal.

-3º ESO C, 3º ESO F, 4º ESO E: Google Classroom. Deben revisar o seu correo persoal.

VICTOR TORREIRO

3º de ESO - D e 3º de ESO - E, de momento encárgolles dúas redaccións para entregarme, dunhas 200 palabras cada unha mínimo. 
O tema da 1ª: As implicacións sociais, educativas e económicas que está supoñendo a epidemia do coronavirus.
O tema da 2ª: Perda de falantes da lingua galega: causas, formas en que podería evitarse, opinión persoal, etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario