lunes, 23 de marzo de 2020

Economía

ECONOMÍA – Resumo e organización de tarefas.
Para calquera dúbida, o meu correo é: martaveiguela@iesafonsoxcambre.com
2º Bacharelato:
FUAX.- Rematar o traballo que estabades facendo.
ECONOMÍA DA EMPRESA.-
                - Repasar os temas dados, axudandovos dos esquemas que se repartiron na clase. E quen os tiña incompletos, que remate de cubrilos.
                - Repasar, facendo dous ou tres dos problemas de produtividade, tamaño optimo de pedido, e valoración de inventarios (tema 6 do libro)que saen na paxina da CIUG. https://ciug.gal/gal/abau/exames
                - Preparar como quedaramos o tema de marketing mix.
                - Os alumnos e alumnas que teñen suspensa a parte de contabilidade, tamen teñen problemas resoltos na paxina da CIUG. https://ciug.gal/gal/abau/exames
                - So queda para completar o programa os temas 14 e 15 que son moi teóricos. Podedes ler e facer anotacións, especialmente as dúbidas. Tratarei de resolvelas  polo correo. Mandarei máis adiante esquemas e preguntas sobre estes temas, que vos axuden a estúdialos.
                - Tamen podeis ver videos en  https://www.ecobachillerato.com/
1º Bacharelato:
                - Repasar os temas dos que non fixeramos o control (temas 7 e 8 do libro).
                - As personas que teñen suspenso o 1º control da segunda avaliacion repasade tamén eses temas (temas 5 e 6 do libro).
                - Actividade sobre a brecha salarial: buscar en internet  ( en webs de organizacións internacionais e prensa escrita e dixital ) información sobre a brecha salarial entre homes e mulleres e tomade notas.
Facer un esquema-resumo,  q me enviades antes do 3 de abril, das principales causas da brecha salarial e dos beneficios de eliminala.
A volta, faremos un debate na aula e unha lista de ideas para combatir a brecha salarial.
                - Tamén é un bo momento para ler, recomendovos un libro que podedes atopar en internet.
E un libro sinxelo, que axuda a pensar sobre economía. A continuación, facer unha reflexión que pondreis por escrito, dalgúns dos aspectos do libro ligados a situación que vivimos actualmente. Para despois da segunda semana de abril.
Tamen podes ver videos en  https://www.ecobachillerato.com/
4º ESO:
                - Repasar e estudiar o tema 6 do libro, do que ainda non fixeramos o control. E as personas que teñen suspenso o anterior control que repasen tamen eses dous temas 4 e 5.
                - Do tema 7 que estábamos estudiando, facer un traballo, que me enviaredes antes do 3 de abril, sobre os distintos tipos de tarxetas bancarias que aborden os segintes puntos: Que son? Cales coñeces? Que beneficios nos traen? Que desventaxas presentan? E calquer outro tipo de información que desexedes destacar.
                Deste mesmo tema, ler as paxinas 126 e 127 de “Econojoven” e, a continuación, facer unha reflexión que pondreis por escrito sobre a situación que estamos pasando e as compras on-line e a banca electrónica. Enviademe este escrito antes do 31 de marzo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario